Ana Cabana Iglesia

Ana Cabana Iglesia

Profesora Titular
curriculum

ORCID:0000-0002-5316-2631

 

 

Ana Cabana Iglesia (Castro de Rei, Lugo) é Profesora Titular do Departamento de Historia. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (Premio Extraordinario de Doutoramento, 2006). Docente da área de Historia Contemporánea no Campus de Lugo da USC desde 2003. Membro do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) e do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC. 

 

Realizou estadías en diversos centros de investigación como a Universidade Nova de Lisboa, o Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies (London School of Economics and Political Science (Londres), a Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade Pablo de Olavide de Sevilla.

 

As súas liñas de investigación prioritarias son o estudo das actitudes sociais durante a ditadura franquista, a análise da conflitividade rural durante o franquismo e a transición á democracia e a historia das mulleres e do xénero aplicada á sociedade rural do século XX.
 

Autora das monografías Pedro Murias. Tabaqueiro na Habana, indiano na Devesa (Xunta de Galicia, 2001), Xente de Orde. O consentemento cara o franquismo en Galicia (3C3 Ed., 2009), La derrota de lo épico (Prensas da Universitat de Valencia, 2013) y "Haberlas, haylas”. Las campesinas en la historia de España del siglo XX (Marcial Pons, 2021 en coautoría con Teresa Ortega López). Entre sus publicaciones más recientes cabe citar: Cabana Iglesia, A. (2021): "Ciento cincuenta mujeres y ningún hombre”. Mujeres y protesta en el campo gallego durante el franquismo", Historia Social, 99;Cabana Iglesia, A., Díaz Geada, A. E Otero-González, U. (2022): “Pensar las mujeres rurales «ser campesina» para la dictadura franquista”, en Studia Histórica, 40; Cabana Iglesia, A. (2023): “Rosa Mª Capel Martínez y Gloria Nielfa Cristóbal: perfiles de historiadoras, genealogía para una disciplina”, Historia Social, 105; Cabana Iglesia, A. e Freire Paz, E. (2023): “Fabular la abundancia y desmemoriar el hambre. Relatos para los tiempos sin pan en Galicia”, en Conde-Caballero, D., Rivero Jiménez, B. e Mariano Juárez, L. (eds.), Vidas sin pan. El hambre en la memoria de la posguerra española, Comares, pp. 41-60.; Cabana Iglesia, A.; Freire Paz. E.; López Fernández, T. (2023): "From peasant to housewife. Feminine roles and agriculturaltraining in Franco's Spain", History and Anthropology, 34.

messages.latest-publications