Julio Lisandro Cañón Voirín

Julio Lisandro Cañón Voirín

Investigador postdoutoral da USC
curriculum

Lisandro Cañón (Necochea, 1977), especializouse en historia recente de América do Sur e do Caribe. Cursou a Licenciatura en Historia (Graduado Distinguido en Recoñecemento ao Desempeño Académico, 2008) na Universidade Nacional de Mar del Plata (Arxentina). 

 

Continuou coa súa formación de posgrao na Universidade de Santiago de Compostela. Aquí, obtivo o título de Máster en Historia Contemporánea (2010) e o de Doutor Internacional en Historia Contemporánea (2014). Posteriormente, entre 2016 e 2018 desempeñouse como  VisitingScholar no  InstituteofLatin  AmericanStudies-ColumbiaUniversity (EEUU). 

 

Realizou a súa tese doutoral (2011-2014) como contratado  predoctoral da Xunta de Galicia. En 2015, desfrutou dunha estancia  posdoutoral no  GenocideStudiesProgram- YaleUniversity (EEUU). Posteriormente, obtivofinanciamento do goberno autonómico de Galicia para desenvolver o seu proxecto  posdoutoral (2016-2019): "Discurso Cultural Ideolóxico de Orde en América Latina, Desde a Segunda Metade do Século XX, en Perspectiva Comparada". 

 

A súa liña de investigación principal é o ciclo de golpes de Estado e os réximes ditatoriais en América na segunda metade do século  XX. Actualmente, está desenvolvendo a investigación: Os réximes de terrorismo de Estado e o Estado terrorista na América do Sur (1971-1990).

 

Autor de dous libros e de varios artigos en revistas americanas e europeas. Interveu como coordinador de variosdossieres e organizado actividades científicas e simposios en congresos internacionais. Tivo ocasión de participar como conferenciante convidado en distintas universidades de América e Europa. Ao mesmo tempo, interveu en accións de difusión e divulgación. Tivo colaboracións en medios de comunicación e nun documental. Actualmente, coordina a Rede Internacional de Estudos sobre Estados de Excepción e Terrorismo de Estado 

https://wp.me/pa1td5-u