Natalia Jorge Pereira

Natalia Jorge Pereira

IFP

Natalia Jorge Pereira (Tomiño, 1982) é licencia en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, realizando a especialidade en Historia Contemporánea e de América (2006). Cursou o Máster en Historia Contemporánea e de América en 2014-2015.

Destacamos os traballos máis recentes que viron a luz: “Antón Alonso Ríos no agrarismo tomiñés (1931-1936)”, Murguía Revista Galega de Historia, nº33, xaneiro-xuño 2016, pp. 53-75; a Exposición itinerante “Antón Alonso Ríos. Política e pedagoxía para un pobo”(2017-2018); a organización das Xornadas Antón Alonso Ríos, Tomiño 3-6 de outubro de 2017 das que as conclusións serán engadidas nunha nova edición do Siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte.

As súas investigacións céntranse nos comportamentos e actitudes das poboacións rurais da fronteira baixomiñota ao longo da primeira metade do século XX. Os seus últimos traballos estudan as formas de resistencia ao franquismo centrándose no contrabando da raia e nas relacións da explotación forestal coa adminsitracións locais durante a década de 1940´.

Actualmente, cursa o doutoramento europeo baixo a dirección de Miguel Cabo Villaverde (Universidade Santiago de Compostela) e Paula Godinho (Universidade Nova de Lisboa) que compaxina coa súa dedicación laboral no Concello de Tomiño.