Tamara López Fernández

Tamara López Fernández

Contratada Predoutoral pola Xunta de Galicia
curriculum

Tamara López Fernández (Lugo, 1994) é graduada en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural (2016, USC) e cun Máster en Servizos Culturais (2017, USC). Actualmente realiza a súa tese de doutoramento en Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe na USC, sobre a delincuencia común no primeiro franquismo no Partido Xudicial de Lugo. As súas liñas de investigación son: o franquismo, a historia social e cultural, a violencia económica e a delincuencia común. É Contratada Predoutoral pola Xunta de Galicia desde maio de 2019.