Histagra

Jessica Nogueira Castro

Jessica Nogueira Castro

Bolseira FPU


Jessica Nogueira Castro (Maside, 1995) é graduada en Historia (USC, 2017) e Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea (USC, 2018). Na actualidade cursa o Doutoramento en Historia Contemporánea e é bolseira do programa de Formación do Profesorado Universitario (FPU) no Departamento de Historia da USC. Durante o curso 2017/18 gozou dunha bolsa de colaboración do MECD que desenvolveu no fondo de Nomes e Voces. Foi Premio Extraordinario do Grao de Historia pola USC.

As súas liñas de investigación xiran en torno á mobilización social, á acción colectiva e ás dinámicas de conflito e represión desde finais do franquismo ata a década dos noventa.