Histagra

Francisco García Quiroga

Francisco García Quiroga

Licenciado en Ciencias Políticas

fran.g.quiroga@gmail.com

http://www.researchgate.com/profile/http://www.researchgate.net/profile/Francisco_Garcia_Quiroga

Francisco García Quiroga (Ourense, 1982) é licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Tecnoloxías da Información e Desenvolvemento Económico pola mesma universidade. Ten estudado na Universidad de Granada, Universidade do Minho, Universidad de A Coruña e a University College of Cork.
Combina accións de creación contemporánea coa investigación e ten publicado en revistas como Teknokultura, Derritaxes, Tempos Novos, La Descomunal e outros espazos. Asi mesmo co-coordina o proxecto Montenoso entre varios colectivos que pretende visualizar os montes veciñais en man común en Galicia, obtendo unha Mención de honra no Ars Prix Electronica 2014 (Austria).
Participou na liña de traballo do procomún rural do Laboratorio del procomún do MediaLab Prado en Madrid co que impulsou Login: Gestión del procomún en el rural gallego. Viaxe-xornada de traballo que permitiu que coordinase a polifonía de escritos: Montes, vacas y procomún. Dirixe o CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC, así como diferentes iniciativas relacionadas coas TICs, como foi a co-coordinación do Campus TIC TAC TIC.
Actualmente é xestor I+D+i da rede reVOLTA formado por diferentes grupos de investigación galegos, asi como forma parte do Grupo de Estudio sobre Ecologías de Arte y Nuevos Paisajes de la Cultura Contemporánea (Matadero, Centro de Creación Contemporáneo) e do consello de redacción da Descommunal, revista iberoamericana de patrimonio y comunidad.