Histagra

Concepción López Sánchez

Concepción López Sánchez

IFP


Concepción López Sánchez (1989, Santiago de Compostela) é licenciada en Historia (2012, USC), Máster en Profesorado de Educación Secundaria (2013, USC), Máster en Historia Contemporánea (2015, USC). Foi técnica de apoio á investigación en relación co proxecto “Mecanismos de adaptación social en contextos de violencia estatal masiva. O caso de Galicia (1936-1939) en perspectiva comparada (proxectos de grupos emerxentes)” (2014-2015, departamento de Historia Contemporánea e de América, USC). Foi premio á calidade lingüística en galego na área das ciencias sociais e xurídicas polo seu TFM titulado “O ensino dun pasado traumático: o caso da violencia franquista na educación secundaria en perspectiva comparada” (2013).

Actualmente é FPI no departamento de Historia Contemporánea e de América da USC baixo a liña temática das actitudes sociais ante contextos violentos como o Golpe de Estado de 1936 e a posterior Guerra Civil.