Histagra

Uxía Otero González

Uxía Otero González

Bolseira FPU

uxia.otero@usc.es

Curriculum

Uxía Otero González (Cervo, 1992) é graduada en Historia (USC, 2014) e Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea (USC, 2015). Na actualidade cursa o Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea e é beneficiaria do programa de Formación de Profesorado Universitario (FPU) no Departamento de Historia da USC.

Durante o curso académico 2014/2015 disfrutou dunha bolsa de colaboración do MECD que desenvolveu na Unidad de Patrimonio Documental y Oral Contemporáneo (UPDOC) – Fondo de Historia Oral de Galicia (HISTORGA) do antigo Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC. Foi Premio Extraordinario do Grao en Historia pola USC, Premio Fin de Carreira pola Xunta de Galicia e Premio Extraordinario do Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea pola USC.

As súas liñas de investigación céntranse en: muller/mulleres, xénero, feminidade e franquismo. Na súa tese de doutoramento traballa sobre a construcción do «ser muller» e a evolución deste modelo de xénero ó longo da ditadura franquista.