Histagra

Novas

Filtrando pola categoria "Congresos, Seminarios e Conferencias"

HISTAGRA nas xornadas: O antropoceno e a "grande aceleración". Unha ollada desde Galicia

HISTAGRA nas xornadas: O antropoceno e a "grande aceleración". Unha ollada desde Galicia

Os investigadores de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto, Beatriz Corbacho González e Eduardo Rico Boquete participan na mesa redonda "Achega cuantitativa sobre uso e consumo de recursos en Galicia no século XX" o xoves día 23 de novembro ás 11:30 h. no Consello da Cultura Galega.

Lourenzo Fernández Prieto e Beatriz Corbacho González falarán sobre os adubos e Eduardo Rico Boquete sobre a repoboación forestal pública e a produción de madeira.

Máis información en anexos

HISTAGRA na xornada "Franquismo post Franco"

HISTAGRA na xornada "Franquismo post Franco"

Os membros de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Miguez Macho, participan, xunto a outros historiadores e especialistas no tema na xornada que sobre o réxime franquista se celebra no Parlamento europeo.

Data: 20 de novembro
Hora: 15:00-19:00 h.

Pode verse en directo en:


HISTAGRA nas Xornadas Memoria e Democracia

HISTAGRA nas Xornadas Memoria e Democracia

O membro do Grupo HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto, participa nas Xornadas Memoria e Democracia que se
celebran no Paraninfo da Universidade da Coruña do 16 ao 18 de novembro de 2017.

As xornadas Memoria e Democracia están organizadas polo Concello da Coruña en colaboración coa...