Falecemento do colaborador de nomesevoces.net Antonio Nores Soliño

Hoxe chegounos a nova do pasamento do ex-presidente da Asociación 28 de Agosto de Cangas e asiduo colaborador de nomesevoces.net Antonio Nores Soliño.

 

Antonio Nores foi un dos principais colaboradores do proxecto desde o ano 2006. Grazas ao seu labor, hoxe podemos amosar a tod@s @s interesad@s máis dun cento de documentos e fotografías relativas a Cangas e ao Morrazo, relativas á II República á ditadura franquista e á actualidade.

 

Así mesmo, a súa contibución con datos biográficos relativos ás persoas que padeceron a violencia franquista e que está a disposición na web de nomesevoces.net, foi fundamental para cubrir algunha das eivas coas que nos íamos atopando nos arquivos.

 

A contribución ao enriquecemento dos fondos orais do proxecto, hoxe consultables en terraememoria.net tamén lle debe moito a el.

 

Que o libre voo das pombas da paz / erga para sempre a memoria solidaria / das xentes xustas que o deron todo / pola liberdade e a xustiza. / Pombas, pombas, pombas!” Claudio Rodriguez Fer (Do monumento aos represaliados do concello de Cangas ao que Anonio dedicou tempo e ilusión)

 

 

Documentos