PRESENTACIÓN PÚBLICA DO FONDO DOCUMENTAL D.O.A.M.E.

O próximo martes día 11 de febreiro ás 11:30 da maña no AHUS (Casas Reais) procederase á presentación do Fondo D.O.A.M.E
Que é D.O.A.M.E?
Documentación da Oposición Antifranquista e Movemento Estudantil da Universidade De Santiago (D.O.A.M.E.), Trátase dunha iniciativa do Grupo HISTAGRA (histagra.usc.gal) en colaboración co Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela para recoller, catalogar e conservar os materiais xerados polo estudantado compostelán. Trátase de constituír un fondo documental que poña en valor e a disposición d@s interesad@s toda a información pública e privada xerada polo movemento estudantil entre 1960 e 2000: pasquíns, notas de prensa, discursos, apuntes varios, follas voandeiras, gravacións, fotografías e adhesivos e aqueloutros elementos, todos relacionados co movemento estudantil e a súa historia
Data de presentación pública:
Participantes:
Excmo. Reitor da USC, D. Antonio López Díaz
Directora do AHUS: Désirée Domínguez Pallas
I.P de HISTAGRA: Lourenzo Fernández Prieto
Data: 11 de febreiro de 2020
Hora: 11:30 h.
Lugar: AHUS (Casas Reais)