ANUNCIO: Apoio da Cátedra Juana de Vega á Investigación

ANUNCIO

 

A Cátedra Juana de Vega da USC anuncia o seu interese en apoiar economicamente a realización durante o Curso 2019/20 de Traballos de Fin de Máster (no marco do Máster en Historia Contemporánea da USC) sobre temas compatibles coa liña de investigación: “Historia das Mulleres na Galiza contemporánea (ss. XIX e XX)”, e que versen preferentemente sobre o mundo rural.

 

A cuantía destes apoios variará en función do número de propostas de TFMs (até un máximo de 3) que a Cátedra decida seleccionar.

 

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2019

 

 

 

 

Asinado

 

Prof. Lourenzo Fernández Prieto

 

 

Director da Cátedra Juana de Vega