Histagra

Workshop "Resistencias sociopolíticas ao primeiro Franquismo"

Workshop "Resistencias sociopolíticas ao primeiro Franquismo"

O Grupo HISTAGRA coorganiza o workshop Resistencias sociopolíticas ao primeiro Franquismo que se celebrará no Consello da Cultura Galega os días 24 e 25 de abril de 2018.

No workshop diferentes especialistas debaterán sobre a consolidación social durante o primeiro franquismo, cunha novidosa lectura que vai máis aló da dicotomía franquismo-antifranquismo que remarcou a propaganda, a vida pública e incluso, a historiografía española até a chegada do século XXI.

Máis información y programa en anexos