Histagra

Transicións na agricultura e na sociedade rural. Os desafíos globais da Historia rural. II Congreso Internacional

Transicións na agricultura e na sociedade rural. Os desafíos globais da Historia rural. II Congreso Internacional

O Grupo HISTAGRA, co-organiza o II CONGRESO INTERNACIONAL TRANSICIÓNS NA AGRICULTURA E A SOCIEDADE RURAL, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, ENTRE O 20 E O 23 DE XUÑO DE 2018.

A temática central deste II Congreso son as Transicións na agricultura e na sociedade rural. Sobre este eixo inténtase dar continuidade ao enfoque dunha historia rural transnacional e transcontinental e contribuír o desafío de crear un espazo global de debate sobre a Historia Rural. Construímos un espazo aberto que, superando fronteiras disciplinares, cronolóxicas y espaciais, recolla os retos do mundo rural do presente e as respostas que dende a Historia Rural están ofrecendo nos últimos tempos. Esta II edición do Congreso “Desafíos Globais da Historia Rural”, centrado nas perspectivas transcontinentais, terá un notable impacto internacional. O congreso conta con arredor de 350 participantes inscritos, procedentes de 34 países.

Máis información en anexos e na web do Congreso: https://transruralhistorycompostela.wordpress.com/