Histagra

Seminario María José Enríquez: A mobilidade dos dereitos de propiedade de terras rústicas en Galicia: análise das estruturas de gobernanza

Seminario María José Enríquez: A mobilidade dos dereitos de propiedade de terras rústicas en Galicia: análise das estruturas de gobernanza

María José Enríquez García é doutora  en enxeñaría pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese “Mobilidade dos dereitos de propiedade da terra en Galicia: unha aproximación cuantitativa e cualitativa”. Especialista en Sistemas de Información Xeográfica e Xestión Sustentable da Terra e do Territorio. Os seus ámbitos de especialización son os sistemas de gobernanza, xestión e administración de terras e o desenvolvemento rural. Ademais ten formación específica complementaria en xestión social, deseño de procesos participativos, construción de escenarios, creatividade e innovación. Nesta liña, ten traballado como facilitadora e técnica de intervención comunitaria en varios proxectos.