Histagra

Presentación do libro do PEMAN: A través das marxes, entrelazando feminismos, ruralidades e comúns

Presentación do libro A Través das marxes, no que participa HISTAGRA como Grupo de Investigación onde se inclúe o PEMAN.

Data: venres 16 de marzo
Hora: 19:00h.
Lugar: Libraría Couceiro
Participantes: Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático de Historia Contemporánea e IP de HISTAGRA), e Lara Dopazo (Poeta e xornalista)

O libro colectivo A través das marxes. Entrelanzando comúns, ruralidades e feminismos vai ser presentado o venres 16 de marzo ás 19:00h. na libraría compostelá Couceiro. Esta obra é un debullar desexos, encontros, esforzos, aprendizaxes e conflitos que xorde como acción de peche do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) tras máis de ano e medio de traxecto. Este espazo experimental de escoita, produción e intercambio de coñecemento entrelaza os comúns, as ruralidades e os feminismos, cunha estrutura que traduce o goberno dos montes veciñais en man común a unha comunidade de aprendizaxe.

A presentación será realizada pola poeta e licenciada en xornalismos Lara Dopazo e por Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC. Ambos son coautores do libro xunto a máis de vinte persoas que contribuiron a co-crear este libro que foi editado por Bartlebooth, experimento editorial que traza cruces entre a arte, a arquitectura e pensamento crítico.

Nesta ligazón tedes máis información do libro