Histagra

Presentación do libro Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo. Santiago A Fundación. 23 de xaneiro de 2019.

Presentación do libro Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo. Santiago A Fundación. 23 de xaneiro de 2019.

Presentación do libro Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo coordinado polos investigadores de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Miguez Macho.


A publicación está coordinada polos investigadores de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Miguez Macho e nel teñen artigos os tamén compoñentes do Grupo, Conchi López, Rafael García, Aldara Cidrás, Xavier Buxeiro, Judith Carbajo e Iria Morgade.


Sobre a presentación:


O Ateneo de Santiago, xunto a HISTAGRA e a Editorial Galaxia, organizan a presentación de Golpistas e verdugos o día 23 de xaneiro ás 19:30 h. na sede de AFundación (R/ do Vilar, 19).


Interveñen:
Ramón Villares Paz, Catedrático de Historia Contemporánea da USC
Álvaro García Ortiz, Membro do Consello Fiscal e Ex-Presidente da UPF
Aldara Cidrás Fuentes, autora, Contratada Predoutoral. HISTAGRA, USC
Antonio Míguez Macho, autor, Profesor de Historia Contemporánea da USC
Lourenzo Fernández Prieto, autor, Catedrático de Historia Contemporánea da USC
Francisco Castro, Director Xeral de Galaxia