Histagra

Ciclo de Conferencias: Pasados Incómodos: Guerra, Memoria e Historia 2018

Ciclo de Conferencias: Pasados Incómodos: Guerra, Memoria e Historia 2018

O Grupo de Investigación HISTAGRA continúa co ciclo de conferencias Pasados Incómodos: Guerra, Memoria e Historia, no que participan especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.

O Grupo de Investigación HISTAGRA ten como un dos seus principais obxectivos o estudo do golpe de 1936, a Guerra Civil, o franquismo e a transición política en España e neste marco de investigación se desenvolverá o ciclo de conferencias.

Damos continuidade ao ciclo que comezamos en xaneiro de 2014. A experiencia investigadora e profesional de cada un dos conferenciantes é contrastada o que supón compartir unha experiencia de investigación e posta en valor dun tema como é o do pasado da guerra e a memoria  que segue a ser un dos vértices das políticas publicas e da investigación histórica. O ciclo servirá para dar a coñecer e difundir novas perspectivas e contrastar puntos de vista e achegas sobre o pasado incómodo e o seu tratamento actual.

O Programa é:

26/01/2018
Título: Más allá de una guerra civil: cómo refundar el marco narrativo sobre la guerra española de 1936-39
Relator: Pablo Sánchez León (EHU)
Hora: 12 h
Lugar: Facultade de Historia. Aula 14

15/03/2018
Título: El Ministerio de la Gobernación en la dictadura franquista: una caracterización política, 1938-1977
Relator: Martí Marín (UAB)
Hora: 12 h.
Lugar: Facultade de Historia. Sala de Profesores

24/04/2018
Título: La memoria, un territorio inexplorado para el feminismo
Relator: Miren Llona (EHU)
Hora: 12 h
Lugar: Facultade de Historia. Aula 13

Video. Miren Llona: “La memoria, un territorio inexplorado para el feminismo”

Video. Miren Llona: “La memoria, un territorio inexplorado para el feminismo”

 

Conferencia de Miren Llona (Euskal Herriko Unibertsitatea), organizada por Histagra dentro do ciclo Pasados Incómodos: Guerra,...

Video. Martí Marín: “El Ministerio de la Gobernación en la dictadura franquista: una caracterización política, 1938-1977”

Video. Martí Marín: “El Ministerio de la Gobernación en la dictadura franquista: una caracterización política, 1938-1977”

 

Conferencia de Martí Marín (UAB), organizada por Histagra dentro do ciclo Pasados Incómodos: Guerra, memoria e historia. 15 de...

Video. Pablo Sánchez León: "Más allá de una guerra civil: cómo refundar el marco narrativo sobre la guerra española de 1936-39"

Video. Pablo Sánchez León: "Más allá de una guerra civil: cómo refundar el marco narrativo sobre la guerra española de 1936-39"

 

Conferencia de Pablo Sánchez León (EHU), organizada por Histagra dentro do ciclo Pasados Incómodos: Guerra, memoria e historia....