Histagra

HISTAGRA no congreso Nacionalismo e Diáspora

HISTAGRA no congreso Nacionalismo e Diáspora

O investigador do Grupo HISTAGRA Ramón Villares Paz coordina e participa no  Congreso Internacional “Nacionalismo e diáspora” que se celebra no Consello da Cultura Galega.

Sobre o Congreso:
“Nacionalismo e diáspora” é o terceiro congreso internacional do Consello da Cultura Galega (CCG) que revisa o fenómeno das Irmandades da Fala. Esta terceira cita pretende revisar o galeguismo na diáspora, analizando as súas características coas semellanzas e diferenzas dos nacionalismos europeos. Ramón Villares e Xosé Manuel Núñez Seixas son os coordinadores desta cita.

Sobre Ramón Villares:
Ramón Villares Paz (Cazás-Xermade, 1951) é Catedrático de Historia Contemporánea da USC. Director do Departamento de Historia Contemporánea (1983-1986), Decano da Facultade de Xeografia e Historia (1986-1990) e Rector da Universidade de Santiago (1990-1994), membro fundador e Presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002) e Director en Galicia da UIMP (1997-2005). Tamén é Membro Numerario da Real Academia Galega e Investigador Honorario do Instituto de Ciências Sociais (U.Lisboa). Membro do Consello Editorial de Marcial Pons, Ediciones de Historia (Madrid) e membro do Consello Asesor de Historia Social (Valencia), Ler História, Análise Social (Lisboa), Ayer, revista de Historia contemporánea (Madrid). Pertence aos patronatos do Museo do Pobo Galego, da Fundación Luis Seoane, da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Juana de Vega. Foi Presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018).

Ligazóns:
http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200725

Documentos