Histagra

O investigador de HISTAGRA Bruno Esperante na IV Xornada do Rural Pousa Antelo

O investigador de HISTAGRA Bruno Esperante na IV Xornada do Rural Pousa Antelo

HISTAGRA na Xornada do Rural “Pousa Antelo” onde se analizará  a problemática dos xurros ou a nova PAC

A IV Xornada do Rural ‘Pousa Antelo‘ terá lugar no teleclube de Liñaio (Negreira) o sábado 1 de decembro. Trátase da cuarta edición dunha xornada que organiza anualmente a Asociación Cultural “Afonso Eanes” e que pretende divulgar aspectos relacionados co mundo rural, tanto dende o punto de vista técnico coma dende un punto de vista social ou cultural.


Están dirixidas a calquera tipo de público interesado nestes temas, e especialmente á xente do rural da comarca de Barcala. As xornadas están adicadas a Avelino Pousa Antelo, destacado galeguista e agrarista de orixe barcalés, que traballou boa parte da súa vida en temas relacionados coa agricultura e o cooperativismo

HISTAGRA estará presente co investigador Bruno Esperante Paramos. Será o 1 de decembro de 2018 en Liñaio (Negreira) co relatorio: Gandaría e sustentabilidade ambiental no conflito das cisternas de xurro e a PAC