Histagra

Eduardo Corbelle Rico participa no Seminario HISTAGRA o luns 28

Eduardo Corbelle Rico participa no Seminario HISTAGRA o luns 28

SEMINARIOS HISTAGRA 2016-2017

NOVEMBRO 2016
Relator: Eduardo Corbelle Rico (USC)
Título: Urbanización, forestación e abandono. Cambios recentes na paisaxe de Galicia, 1985 – 2005
Día: 28/11/2016
Hora:12:00 h.
Lugar: Facultade de Historia. Aula de Máster Contemporánea

Sobre a conferencia:
Nesta conferencia analizaranse os grandes cambios da paisaxe que tiveron lugar en Galicia nas dúas décadas posteriores á entrada de España na Comunidade Económica Europea. Os resultados indican que durante este tempo aumentaron a superficie urbanizada e a de arborado e diminuíu a ocupada pola agricultura e a gandería, á vez que grandes áreas do territorio ficaron abandonadas.

Sobre o autor:
Eduardo Corbelle Rico é doutor en enxeñaría agroforestal e profesor da área de enxeñería cartográfica, xeodésica e fotogrametría na EPS de Lugo. Entre os seus traballos atópase a publicación Un enorme bazar : o mercado de terras en Galicia, xunto a membros do GI LABORATE Mª J. Enríquez García, F. Ónega López e R. Crecente Maseda.