Histagra

Vandalismo contra o monumento aos carrilanos asasinados en Castrelo do Val en 1936

Vandalismo contra o monumento aos carrilanos asasinados en Castrelo do Val en 1936

No mes de xuño de 2017, a placa  onde se homenaxeaba aos carrilanos asasinados en 1936 en Castrelo de Val  foi destruída nun acto vandálico. Esta homenaxe fora promovida polos profesores Paula Godinho da Universidade de Lisboa e  Manuel Loff da Universidade de Porto;  Xosé Barxa, presidente da Asociación Cultural Carrilanos; o alcalde de Castrelo do Val Vicente Gómez García e polo Proxecto Nomes e Voces (Grupo HISTAGRA-USC) en 2012.

Desde o Grupo HISTAGRA avogamos por que este acto non quede impune, e que teñan por seguro  aqueles que o cometeron que será reposta, e que a memoria de tod@s aqueles que foron perseguidos pola violencia desencadeada tralo golpe de Estado de 1936 non será esquecida xamais.

Ligazóns de interese:
http://www.nomesevoces.net/gl/post/campobecerros-homenaxea-os-carrilanos-portugueses-asasinados-polo-fascismo/

http://www.sermosgaliza.gal/artigo/memoria/campobecerros-homenaxea-os-carrilanos-portugueses-fusilados-polo-fascismo/20120624224333002688.html

Documentos