Histagra

Entrevista ao investigador Francisco Leira polo seu Premio de Ensaio sobre Guerra Civil Española “George Watt”: "Hai moita simplificación sobre o exército sublevado"

Entrevista ao investigador Francisco Leira polo seu Premio de Ensaio sobre Guerra Civil Española “George Watt”: "Hai moita simplificación sobre o exército sublevado"

O investigador Francisco Leira Castiñeira (HISTAGRA), recentemente recoñecido co Premio de Ensaio sobre Guerra Civil Española “George Watt” polo traballo: "Political surveillance measures against the soldiers of the rebel army: 'Franco's soldiers' and their gradual hostility to and rejection of the war, December 1937-1939", foi entrevistado esta fin de semana polo xornal La Voz de Galicia sobre o seu traballo de investigación "La consolidación social del Franquismo. La influencia de la guerra en los "soldados de Franco".Este traballo forma parte do máster que está a realizar o Investigador, co que Leira foi galardoado co VI Premio de Ciencias Sociales Juana de Vega 2012.

Na entrevista realizada por Tamara Montero, Leira resposta a cuestións relacionadas co estudo do exército sublevado na guerra civil española, a súa percepción da guerra e o seu desenvolvemento no marco temporal da contenda.

Podedes consultar a entrevista no documento adxunto.