Histagra

Curso de Formación: Novas perspectivas de análise e recursos didácticos sobre a sociedade galega durante a transición á democracia

Curso de Formación: Novas perspectivas de análise e recursos didácticos sobre a sociedade galega durante a transición á democracia

Desde o Proxecto de Investigación "Movilización social y poder local: la España rural entre la continuidad y el cambio político (1968 - 1982)" (HAR2014 - 55150 - P) que dirixe o investigador de HISTAGRA Daniel Lanero Táboas organízase o curso de formación para profesorado de ensino primario e secundario:

Novas perspectivas de análise e recursos didácticos sobre a sociedade galega durante a transición á democracia.

Datos:


Título: Novas perspectivas de análise e recursos didácticos sobre a sociedade galega durante a transición á democracia

Director: Daniel Lanero Taboas (Facultade de Xª e Hª, USC)
Coordinador: Raúl Soutelo Vázquez (IES Campo de San Alberto, Noia)
Data: 1 de decembro de 2018

Lugar: Casa de Cultura de Porto do Son

Horas: 9:30 - 20:00 h.


Aquelas persoas que precisen un certificado e a correspondente validación da Consellaría é preciso que se matriculen segundo se indican na convocatoria adxunta.