Histagra

Investigadores de HISTAGRA participan no Memorial Libertario das Atochas na Coruña

Investigadores de HISTAGRA participan no Memorial Libertario das Atochas na Coruña

Na madrugada do 10 de xullo de 1937 as veciñas e veciños das Atochas, María Otero, Fernando Caamaño, Carlos Miguel Pérez “Moreno”, Jesús Rodríguez “Chucho”, Alicia Dorado, Antonio Fournerakis “El Viejo”, José Valeiro e Julio Acebedo, foron asasinados por tropas de asalto fascistas, tras irrumpir nas casas-refuxio de Atocha Alta nº55 e da rúa do carme nº6.

81 anos máis tarde o colectivo Refuxios da Memoria e co apoio de diversos colectivos e asociacións da Coruña organizan un memorial na praza Cántigas da Terra, corazón libertario do barrio das Atochas. A través destas xornadas e tal e como sinlan na súa web http://www.refuxiosdamemoria.org/ “queremos cruzar arte e historia, como xeito de recuperar, esclarecer e reparar a memoria e legado destes libertarios e libertarias”.

Por este motivo o colectivo Refuxios da Memoria, organiza diferentes actividades a través do programa O barrio non esquece no que concertos, intervencións artísticas e charlas abordarán un necesario homenaxe no que participarán, canda outras persoas, a investigadora Aldará Cidrás coa palestra “o relato histórico oficializado e as memorias de resistencia” quen abordará a través dunha á necesidade de enfrontarnos aos diiferentes relatos, tanto os derivados polo franquismo como os encunciados a través da memoria da resistencia.A vez o colaborador de Histagra, Fran Quiroga e investigador abordará a través dunha conversa e un obradoiro os comúns urbanos, entendendo a memoria como un común e a necesidade de pensar como esta homenaxe supón un chanzo máis na potencia da capacidade de construír os seus propios relatos e patrimonios que de ahí emerxen.

Estas xornadas abertas terán lugar o xoves 6 na praza Cantigas da Terra.
Aquí podes descargar o programa