Histagra

Nova publicación na revista Grial

Nova publicación na revista Grial

Revista Grial: Historia e memoria do 36, nº 212, ano 2016

Acaba de saír á luz un novo número da revista galega de cultura Grial dedicado á memoria da guerra civil de 1936.  Está dirixido nesta ocasión polos membros de HISTAGRA Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Miguez Macho, amais da profesora da USC Dolores Vilavedra Fernández. Trátase dunha das consecuencias do congreso organizado polo Grupo HISTAGRA en xullo de 2016 "1936 Un novo relato? 80 anos entre historia e memoria. Así, neste número da revista, escriben tamén os profesores Antonio Cazorla da Trent University (Canadá), Xermán Labrador da Princeton University (USA) e Lurdes Otaegui da EHU.

Sobre o número da revista:
Nesta nova entrega Grial volve á memoria histórica como centro de reflexión e debate, nun monográfico coordinado por Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez Macho e Dolores Villanueva, e no que participan tamén profesores e especialistas no tema como Antonio Cazorla, Germán Labrador e Lourdes Otaegui.

Sobre os autores:
Lourenzo Fernández Prieto é catedrático de Historia Contemporánea na U.S.C. Ten dirixido numerosos traballos de investigación, tesiñas e varias teses relacionadas coa construción da modernidade en Galicia e os movementos sociais. Antonio Miguez Macho é doutor en Historia e investigador no Departamento de Historia da USC a través do programa Ramón y Cajal

Ligazóns de interese:
http://editorialgalaxia.gal/produto/grial-212/

Documentos