Histagra

Seminario de debate a cargo do Prof. David Soto Fernández co tema: "O metabolismo na agricultura española do século XX"

Seminario de debate a cargo do Prof. David Soto Fernández co tema: "O metabolismo na agricultura española do século XX"

Hoxe xoves día 13, ás 9h30 na Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea e de América, celebrarase un segundo seminario de debate a cargo do Prof. David Soto Fernández (Univ. Pablo de Olavide de Sevilla) co tema: "O metabolismo na agricultura española do século XX".

David Soto

David Soto Fernández e Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese titulada “Transformacións productivas na agricultura galega contemporánea”. Dende o ano 2003 é Profesor Contratado Doutor de Historia Contemporánea no Departamento de Geografía Historia y Filosofía da Universidad Pablo de Olavide de Sevilla. Nesa mesma universidade e membro do Laboratorio de Historia de los Agroecosistemas. O seu traballo investigador centrouse na Historia Social e Ambiental das agriculturas galega e andaluza dende mediados do século XVIII até a actualidade.

No ámbito da Historia Ambiental ten publicado numerosos traballos sobre temáticas diversas, como a evolución das macromagnitudes agrarias e cambios productivos e tecnolóxicos, estudos sobre a reposición da fertilidade, a erosión en perspectiva histórica, o metabolismo social ou a transformación do consumo alimentario en España. No ámbito da Historia Social os seus traballos abarcan o estudo dos comunais, a evolución das desigualdades no mundo rural, os conflictos ambientais e os procesos de democratización no agro. Ten publicado en revistas como Historia Agraria, Agriculture, Ecosystems and Environment, Environmetal History ou Journal of Sustainable Agriculture.