Histagra

XII Premio de Historia Agraria (SEHA)

XII Premio de Historia Agraria (SEHA)

A Sociedad de Estudios de Historia Agraria (SEHA) convoca o XII Premio de Historia Agraria que ten como obxectivo estimular os traballos realizados por investigadores novos referentes á historia agraria, a economía e a sociedade rural dende unha perspectiva interdisciplinar.
O traballo premiado será publicado na revista Historia Agraria trala correspondente avaliación.

Condicións:
- O autor debe ter menos de 35 anos a 31 de decembro de 2017
- Os traballos deberán enviarse antes do 15 de outubro de 2017 a seha@seha.info ou á Secretaría da SEHA. Centre de Recerca d'Història Rural. Facultat de Lletres. Plaza Ferrater Mora, 1. 17071 Girona, incluíndo copia do DNI
- A extensión dos traballos, que deberán ser inéditos, será dun máximo de 12.000 palabras, e adaptarse ás normas de edición da Revista de Historia Agraria.
- Nos orixinais non se deberán constar os datos do/a  autor/a.
- O faio do premio será anunciado antes do 20 de novembro de 2017.


Máis información:
http://seha.info/es/PREMIO/

Documentos