Histagra

Volven os Seminarios de HISTAGRA

Volven os Seminarios de HISTAGRA

O Grupo de Investigación HISTAGRA (Historia Agraria e Política de Galicia. Séculos XIX e XX) presenta o seu programa de Seminarios de Investigación para o curso 2016-2017. Os Seminarios de HISTAGRA son un punto de encontro para o debate colectivo entre estudantes, investigadores, especialistas, e en xeral, todas aquelas persoas interesadas nas liñas de investigación do noso Grupo http://histagra.usc.es/es/info/sabermais/ e no traballo dos investigadores/as que convidamos a presentar proxectos en curso e novos resultados de investigación.  

As Conferencias son:

28/11/2016 Título: Urbanización, forestación e abandono. Cambios recentes na paisaxe de Galicia, 1985 – 2005
Relator: Eduardo Corbelle Rico (USC)
Hora: 12:00 h
Lugar: Aula de Máster. Facultade de Historia
Eduardo Corbelle Rico é doutor en enxeñaría  agroforestal e profesor da área de enxeñería cartográfica, xeodésica e fotogrametría na EPS de Lugo. Entre os seus traballos atópase a publicación  Un enorme bazar : o mercado de terras en Galicia, xunto a membros do GI LABORATE Mª J. Enríquez García, F. Ónega López e R. Crecente Maseda.


17/02/2017 Título: "Guardianas de la raza”. El discurso “nacional – agrarista” y la movilización política conservadora de la mujer española, 1880 – 1939
Relatora: Teresa Mª Ortega López (Universidad de Granada)
Hora: 12:00 h
Lugar: Facultade de Historia. Aula de Máster Contemporánea
Teresa Mª Ortega é doutora en Historia e profesorada Universidad de Granada. As súas liñas de investigación son a Guerra Civil, a ditadura franquista, a transición á democracia, as relacións laborais e o conflito e protesta social. Entre os seus traballos están, Jornaleras, campesinas y agricultoras : la historia agraria desde una perspectiva de género ou   La España rural, siglos XIX y XX : aspectos políticos, sociales y culturales

17/03/2017 Título: Movilización social, activismo político y aprendizaje democrático en La Mancha, 1975 – 1982
Relator: Damián A. González Madrid (U. de Castilla La Mancha)
Hora: 12:00 h
Lugar:Facultade de Historia. Aula de Máster Contemporánea
Damián A. González Madrid é doutor en Historia e profesor da área de Contemporánea na Universidad de Castilla La Mancha. As súas liñas de investigación son a ditadura franquista e os poderes políticos locais, os movementos sociais durante o tardofranquismo e a transición democrática. Entre os sus traballos están "La banalización de FET-JONS" en Spagna Contemporánea ou " Ciudadanía y democracia en el mundo rural manchego (1977-1979)" en Alcores: Revista de historia contemporánea.


21/04/2017 Título: Trabajadores del campo y familias de la tierra. Instantáneas de la desagrarización
Relator: Luis A. Camarero Rioja (UNED)
Hora: 12:00 h
Lugar: Facultade de Historia. Aula 13
Luis A. Camarero é catedrático de socioloxía na UNED. Entre os seus traballos, en relación ao despoboamento do mundo rural destacan, "Exploring Female Over-Migration in Rural Spain- Employment, Care Giving and Mobility" ou "Rural sustainability, inter-generational support and mobility"

05/05/2017 Título: Peasant farming and rural development projects in late Imperial and early Soviet Russia: Expertise and Agrarianism
Relator: Katja Bruisch (Trinity College Dublin)
Hora: 12:00 h
Lugar: Facultade de Historia. Aula 13
Profesora adxunta de historia moderna do Medio Ambiente no Trinity College de Dublín, desde 2016 é Investigadora no Instituto Histórico de Moscú 2010 - 2016. Entre as súas publicacións están Land, Soil and People: Agricultural Expertise and Power (19th and 20th Centuries) ou The Soviet Village Revisited: Household Farming and the Changing Image of Socialism in the Late Soviet Period