Histagra

O membro de HISTAGRA Diego Conde Gómez ingresa como académico na Real Academia de Ciencias Veterinarias de España

O membro de HISTAGRA Diego Conde Gómez ingresa como académico na Real Academia de Ciencias Veterinarias de España

Diego Conde leerá o discurso de ingreso: Cuestiones sobre la mala leche. Aportación de la profesión veterinaria a la mejora higiénico sanitaria de la leche en la España contemporánea (1837-1931). A importancia que tivo a profesión veterinaria na mellora hixiosanitaria do leite en España.

O traballo comeza no século XIX, cando o consumo de leite empeza a ser importante e xorde a necesidade da súa regulación. Ao longo do discurso intentarei amosar o desenvolvemento cronolóxico da inspección do leite en España e os esforzos deses primeiros inspectores veterinarios, para lograr as mellores condicións hixiénicas do leite comercializado. Como sempre ocorre cando se aborda un tema amplo, a medida que se desenvolve o traballo, xorden dúbidas e novas cuestións que abren outras canles de investigación referidas á calidade do leite, a repercusión na saúde pública e contaxio de enfermidades zoonósicas, así como aos procesos levados a cabo para conseguir esa mellora a nivel produtivo e sanitario.
A data de lectura será o vindeiro 22 de xaneiro ás 18:00 na sé da RACVE 

Máis información:
http://www.racve.es/actividades/ingreso-academico-correspondiente-cuestiones-sobre-la-malaleche-aportacion-de-la-profesion-veterinaria-a-la-mejora-higienico-sanitaria-de-la-leche-en-laespana-contemporanea-1837-1931/