Histagra

Curso de verán: 'Unha aproximación ás fontes documentais do AHPL: a súa aplicación para o estudo do mundo rural'

Curso de verán: 'Unha aproximación ás fontes documentais do AHPL: a súa aplicación para o estudo do mundo rural'

Os días 6 e 7 de setembro do 2012, terá lugar no Arquivo Histórico Provincial de Lugo o curso de verán: 'Unha aproximación ás fontes documentais do AHPL: a súa aplicación para o estudo do mundo rural'.s

Os profesores Xosé Ramón Veiga Alonso e Ana Cabana Iglesia, membros do Grupo HISTAGRA participarán no mesmo coas seguintes conferencias:

XOVES 6, 16:00 - 17:30 horas
Xosé Ramón Veiga Alonso: Ratas de arquivo. Luces e sombras na relación entre arquivos, arquiveiros e historiadores.

VENRES 7, 18:00 - 19:30 horas
Ana Cabana Iglesia Ana Cabana Iglesia: De papeles y campesinos. Fuentes para el estudio del mundo rural gallego contemporáneo.

Os obxectivos xerais do curso son:

  • Dar a coñecer as fontes documentais existentes no AHPL relacionadas co mundo rural.
  • Posta en valor destas fontes para os alumnos, investigadores e profesionais que dende eidos diversos tales como as ciencias humanas, as sociais e xurídicas e as ensinanzas técnicas veñen centrando a súa actividade formativa, investigadora ou profesional no mundo rural.
  • Dar conta da utilidade práctica deste patrimonio documental de cara a contribuir a deseñar diferentes aspectos para a organización, uso e xestión do espacio rural asi como un coñecemento mais axeitado do réxime xurídico do agro e monte do noso entorno.
  • Amosar ós docentes de ensino medio a oportunidade que ofrece a documentación histórica como ferramenta de aprendizaxe da historia na aula.