Histagra

O IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica celebrarase en Vigo

O IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica celebrarase en Vigo

Os días 21 e 23 de xuño de 2012, celébrase en Vigo o IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica.

No ámbito do IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica queremos discutir e aprender das experiencias agroecolóxicas innovadoras que se están a desenvolver en Galicia, no Estado e no Mundo. A posta en marcha de experiencias agroecológicas innovadoras é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións. Chamamos aos axentes sociais implicados á participación, definindo as problemáticas existentes e propoñendo alternativas, co obxectivo de dinamizar o medio rural e afondar na súa sostenibilidade.

O Congreso está estructurado en torno ás tres dimensións da agroecología (técnico-produtiva, política e sociocultural). Á súa vez, as tres dimensións desagréganse en áreas temáticas:

1. DIMENSIÓN TÉCNICO-PRODUTIVA
Traballos centrados na análise de innovacións agroecológicas nos ámbitos técnica produtivos vinculados a manexos agrogandeiros, aproveitamento de montes e recursos fitogenéticos.

ÁREA TEMÁTICA 1. Agricultura e sistemas agrícolas agroecológicos

ÁREA TEMÁTICA 2. Produción animal e manexo agroecológico de sistemas gandeiros

ÁREA TEMÁTICA 3. Biodiversidade e recursos fitogenéticos

ÁREA TEMÁTICA 4. Aproveitamento de montes e silvicultura agroecológica

2. DIMENSIÓN POLÍTICA

A dimensión política, tanto nos seus aspectos institucionais como non formais, é unha dimensión central da agroecología. A análise dos aspectos normativos e institucionais entrelázanse coa análise das relacións de poder e as súas distintas manifestacións ao longo do sistema agroalimentario, así como coa construción de alternativas e respostas políticas dende a sociedade civil.

ÁREA TEMÁTICA 5. Agroecología, territorio e desenvolvemento rural

ÁREA TEMÁTICA 6. Sistemas agroalimentarios alternativos

ÁREA TEMÁTICA 7. Calidade, saúde e seguridade alimentaria

ÁREA TEMÁTICA 8. Movementos sociais, agroecología e soberanía alimentaria

ÁREA TEMÁTICA 9. Feminismo e agroecología

3. DIMENSIÓN SOCIOCULTURAL
As estratexias agroecológicas de agricultores/ás e gandeiros/ás baséanse en valores e cosmovisións así como no coñecemento tradicional campesiño en diálogo con saberes e valores de xustiza e sustentabilidad forte.

ÁREA TEMÁTICA 10. Agroecología e coñecemento tradicional

ÁREA TEMÁTICA 11. Indicadores de sustentabilidad e soberanía alimentaria

ÁREA TEMÁTICA 12. Ética, epistemoloxía e educación para a agroecología