Histagra

HISTAGRA no XIV Congreso da Asociación de Historia Contemporánea. Del siglo XIX al XXI. Tendencias y debates

O membro de HISTAGRA Daniel Lanero Táboas, xunto ao profesor da Universidad de Granada Miguel Ángel del Arco organizan o taller: Postguerras: Hambre, reconstrucción y políticas sociales no marco do XIV Congreso da AHC que se celebrará en Alacante do 20 ao 22 de setembro de 2018.

Sobre o Taller:
Este taller aspira a profundizar nas destrucións materiais da guerra, pero tamén nas consecuencias políticas, sociais, económicas e culturais para as sociedades que sobreviviron a elas tanto as relacionadas co continente europeo como tamén no caso de España con respecto ás consecuencias das Guerras de Marrocos ou da liquidación do imperio colonial en 1898; pero sobre todo da postguerra que seguiu ao fin da guerra civil en 1939.
Tratarase de coñecer algo máis sobre as sociedades que tiveron que afrontar as severas posguerras, mais tamén sobre a natureza dos réximes e sobre as consecuencias que as súas políticas sociais puideron ter para a súa supervivencia e consolidación no medio e longo prazo.

O prazo límite para a presentación de propostas de comunicación é o 1 de marzo de 2018

Datas de celebración:
20-22 de setembro de 2018
Universidad de Alicante
Alicante

Máis información:
https://dhcon.ua.es/es/documentos/primera-circular-congreso-ahc.pdf
https://www.ahistcon.org/PDF/congresos/Alicante/segundacircular.pdf