Histagra

Faladoiro: A contabilidade do capital natural: situación presente e perspectivas futuras

Faladoiro:  A contabilidade do capital natural: situación presente e perspectivas futuras

Lugar: Fundación Juana de Vega,  A Coruña
Data: 29/09/2017
Horario: 09:30-13:30 / 14:30-17:00

Galicia goza dun capital natural moi significativo, do que polo de agora, carecemos de fontes estadísticas para coñecer o seu estado e evolución; impedindo isto tamén a súa valoración adecuada en canto ao papel que xoga como motor de riqueza. Dende diferentes institucións intergubernamentais e tamén dende a propia Comisión Europea, estanse facendo esforzos notables por unificar criterios na contabilidade do capital natural e así medir adecuadamente tanto o stock de recursos existentes coma os servizos ecosistémicos xenerados por devanditos recursos.

O presente faladoiro ten dous obxectivos fundamentais: 1) Familliarizarnos ca definición do que é o capital natural e os seus elementos; e 2) Achegarnos aos avances da súa contabilidade, tanto a nivel europeo como a nivel español. Con estes obxectivos en mente, o faladoiro contará cas seguintes intervencións:

Arturo de la Fuente, Director de la Unidad E2 –Estadísticas Ambientales y Cuentas, Desarrollo Sostenible. Eurostat, Comisión Europea.  “El proyecto KIP INCA y la contabilidad del capital natural a nivel europeo.”

Antonio Martinez Serrano, SG Medioambiente, Agrarias y Financieras
Subdirector, Instituto Nacional de Estadística.
“ Avances en materia de cuentas ambientales y de contabilidad del capital natural a nivel español”

Roberto Vallejo Bombín, Ministerio de Agricultura, Alimnetación y Medio Ambiente. Jefe de Area de Inventario y Estadísticas Forestales. “Los inventarios forestales nacionales desde la óptica del capital natural”