Histagra

Lectura de tese da investigadora Araceli Freire Cedeira (HISTAGRA)

Lectura de tese da investigadora Araceli Freire Cedeira (HISTAGRA)

Este pasado luns día 14 de xullo, ás 11 da mañá no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, a investigadora de HISTAGRA, Araceli Freire Cedeira, defendeu a súa tese doutoral: Conflictividad social en el medio rural gallego (1939-1975): el caso de los montes vecinales en mano común, acadando a nota de Sobresaínte e estando a espera da mención Cum Laude.
O tribunal encargado de avaliar o traballo estivo formado por: - Presidente: D. Antonio Rigueiro (USC) - Secretaria: D. Ana Cabana (USC) - 1ª Vogal: D. Amélia Branco (U. Nova de Lisboa. Instituto Superior de Economía e Gestión) - 2ª Vogal: D. José Ignacio Jiménez Blanco (Universidad Complutense de Madrid) - 3º Vogal: D. Teresa Ortega López (Universidad de Granada) Os titores desta investigación son os tamén membros de HISTAGRA, o catedrático Ramón Villares Paz e o doutor Eduardo Rico.

Sobre o traballo:
Conflictividad social en el medio rural gallego (1939-1975): el caso de los montes vecinales en mano común é unha investigación que trata sobre o porque do mantemento dun tipo especial de propiedade, os montes veciñais en man común, emerxendo ao primeiro plano a actitude dos poboadores do medio rural e o apoio recibido por parte da xustiza ordinaria, que foi capaz de recoñecer un dereito marcado pola costume. Unha situación que se consolida a pesares de producirse nunha conxuntura totalmente desfavorable para o recoñecemento dos dereitos colectivos, un réxime de carácter ditatorial, que amais pretendía impor a súa política forestal sobre estes espazos, obviando a funcionalidade agraria e gandeira do mesmo. As comunidades veciñais conseguen que se leve a cabo todo un proceso lexislativo, aínda inconcluso, cuxo orixe remóntase á Lei de Montes de 1957, o Regulamento de 1962, p Proxecto non nato de 1964 e a Lei de 1968. Si ben esta normativa respondía ás súas demandas non o facía de xeito gratuíto senón que o Estado soubo manter a súa presenza mediante concesións parciais até a devolución definitiva xeneralizada nos anos oitenta. Polo tanto esta é unha investigación que analiza un pasado que permanece no presente porque a loita pola recuperación desta propiedade aínda é obxecto de litixios e a recuperación da funcionalidade de antes é incuestionable para o desenvolvemento rural. Neste sentido so mirando cara atrás se poden encontrar vías alternativas de futuro.
 

Sobre a autora:
Araceli Freire Cedeira (Arteixo, 1985). Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Historia Contemporánea pola mesma Universidade. Entre as súas liñas de investigación destacan a historia agraria, a historia social do mundo rural e a historia medioambiental do periodo 1939-1975. Ten publicado En defensa de lo suyo. Propiedad forestal y conflictividad social durante el franquismo: los montes vecinales de Cerceda.