Histagra

Fran Quiroga, membro de HISTAGRA gaña o III Premio Emprende Gaias

Fran Quiroga, membro de HISTAGRA gaña o III Premio Emprende Gaias

Fran Quiroga, membro de HISTAGRA, a través da Rede REVOLTA ven de gañar na sección de xestión cultural o III Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco co proxecto Kolectiv, unha consultoría especializada na innovación e a cultura que busca conectar ideas, persoas e coñecementos. Francisco García Quiroga é o artífice desta empresa que busca impulsar a formación no ámbito da cultural, creación de proxectos e o desenvolvemento de web's para proxectos innovadores e culturais.
KOLECTIV é unha oficina de Investigación, Creatividade e Innovación que procura impulsar proxectos con alto valor engadido ao utilizar metodoloxías propias da creación contemporánea e as empregadas dende a investigación aplicada. É uhna consultoría especializada na innovación e cultura que combina metodoloxías innovadoras sumadas ao uso de tecnoloxías da información  obtendo así proxectos únicos e personalizados.
A convocatoria dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, promovidos pola Fundación Cidade da Cultura nace coa intención de poñer en marcha ideas innovadoras no mundo das industrias culturais. Cada un dos premiados recibirá un premio en metálico de 2.000 euros, incorporarase de balde e durante doce meses ao espazo de coworking do Centro de Emprendemento do Gaiás e recibirá apoio, asesoramento e formación durante os primeiros pasos da empresa.
A pesar de que os Premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’ contan con apenas tres anos de vida, a convocatoria deste 2015 recibiu tres veces máis proxectos que na edición anterior, demostrando a importancia duns galardóns dedicados ao emprendemento cultural e creativo e reforzando a decidida aposta da Cidade da Cultura a prol do tecido empresarial do sector cultural.
Á hora de avaliar as iniciativas o xurado tivo en conta o carácter innovador e a creatividade da idea presentada, as posibilidades de se converter nun proxecto viable, a adecuación do proxecto á modalidade presentada, a integración de perfís profesionais dos participantes e a súa capacidade dinamizadora e o impacto na súa área de influencia.

Ligazóns de interese:
http://www.cidadedacultura.gal/gl/programacion-cultural/novas/fallados-os-iii-premios-emprende-gaias-sixto-seco
http://franquiroga.gal/