Histagra

Volven os encontros do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN)

Volven os encontros do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN)

Volven os encontros do Programa de Estudos en Man Común (PEMAN), e desta volta tratarán en torno a metodoloxías imaxinarias, sobre a performatividade, e a investigación-acción. Será o sábado 27 de maio no Museo de Arte Contemporanea de Vigo (MARCO) onde terán lugar dous encontros nos que poremos en práctica diversas estratexias de intercambio de aprendizaxe e de diálogo de saberes.

Dende as 11:30 as 14:30 terá lugar a Sesión ¡CHUCHPAKUY COMPAÑEIRAS!: Laboratorio de Metodoloxías Imaxinarias Comunais, conducido e mediado por María Fernanda (Mafé) Moscoso. Neste encontro analizaranse os lazos de interdependencia e de solidar​ie​dad​e​​, ​é​​ ​decir, as estrate​x​ias de resistencia​ ​comuna​is​​ que t​e​ñen lugar nas zonas rurais en España. Moscoso propón reflexionar e imaxinar o común nas zonas rurais do Estado á luz das experiencias coa comunidade da Pitana Alta (Ecuador), intercambiando aprendizaxes e compartindo saberes. O seu obxectivo é por en común unha serie de ferramentas metodolóxicas dirixidas a reflexionar e fortalecer os lazos comunitarios entre distintos grupos e actores sociais que conviven nas zonas rurais en España.

Mafé Moscoso, doutora en Antropologia por la Freie Universität Berlin, coordina entre outras moitas accións, o proxecto de Pedagoxía, Arte e Investigación Toma (r)   Madrid:   Artegrafias   Decoloniales en INTERMEDIAE-MATADERO. Esta sesión é o resultado da convocatoria para dinamizar as sesións do PEMAN e foi seleccionada polas propias persoas participantes no PEMAN, que se configuran como comuneiros e comuneiras do mesmo.

A partir das 17:00 ata ás 19:30 terá lugar o Obradoiro Performando "Alén dos Xéneros". Neste obradoiro propóñese facer unha visita performada da exposición que está a ter lugar no MARCO na actualidade. Apropiarémonos do espazo da expositivo de "Alén dos Xéneros", facendo unha lectura performativa das pezas e da narrativa da curadora, achegándonos á exposición dende ós intereses e ós afectos dos participantes utilizando o corpo e a consiencia. Este obradoiro, mediado por Carmen Platero, María Novas e Lara Dopazo, comuneiras do PEMAN, conta coa colaboración da comisaria da exposición Anxela Caramés.

Esta xornada está aberta á participación, mais cómpre anotarse a través do e-mail: info@estudosenmancomun.gal indicando nome e apelidos e o interes en participar (a actividade é gratuíta). Para participar na actividade Performando "Alén dos Xéneros", recoméndase visitar a exposición con anterioridade.

Esta sesión enmárcase dentro do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Comúns e Feminismos, espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, e o colectivo de praxe contemporánea Montenoso, e que conta co apoio da Fundación Daniel e Nina Carasso.

Máis información en: http://estudosenmancomun.g al/events/laboratorio-metodolo xias-imaxinarias/

Documentos