Histagra

Lectura da tese de doutoramento de Miguel Anxo Seixas Seoane

Lectura da tese de doutoramento de Miguel Anxo Seixas Seoane

O próximo día 17 de Novembro, ás 11.00h, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia terá lugar a defensa da tese de doutoramento do investigador de HISTAGRA Miguel Anxo Seixas Seoane.

O título da tese é Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación, dirixida polo profesor Lourenzo Fernández Prieto.

O tribunal estará formado polos seguintes membros: Ramón Villares Paz como presidente, Borja de Riquer como secretario e Alicia Alted Vigil como vogal.

Documentos