Histagra

VIII Congreso sobre sistemas agrarios, organización social y poder local

O 31 de xaneiro de 2013 conclúe o periodo de presentación de propostas de comunicacións a Campesinado, Industria y Mundo rural. VIII Congreso sobre sistemas agrarios, organización social y poder local, Alguaire (Lleida) entre o 19 e 21 de setembro de 2013.

O VIII Congreso sobre sistemas agrarios, organización social y poder local analizará nesta ocasión a problemática relativa ás industrias no mundo rural dende as etapas medievais até a actualidade. O congreso divídese en tres sesións: a primeira relativa ás sociedades preindustriais e a segunda abranguerá a etapa contemporánea. Nestas dúas sesións pódense presentar comunicacións. A terceira sesión terá un formato de seminario e fará referencia á industrialización contemporánea nas terras de Lleida, facendo especial mención á zona do Segrià Norte. Esta sesión irá acompañada dunha exposición fotográfica
sobre a industria nesta área da Cataluña agraria. O congreso, como é habitual, inclúe unha sesión de traballo de campo que nos permitirá coñecer a Cataluña occidental e visitaranse algunhas das industrias.

Na primeira circular se suxiren liñas de investigación e facilitan ligazóns con anteriores congresos:

http://www.sistemesagraris.udl.cat/VIII-Ind/Primera%20circular-estiu%202012-castellano.pdf