Histagra

Sindicalismo agrario franquista na provincia de Pontevedra: (1936-1975)

Duración:

Doutorando: Daniel Lanero Táboas
Data: 18/07/2005
Universidade de lectura: Universidade de Santiago de Compostela
Programa de doutoramento onde se inscribe a tese: Estudos Contemporáneos
Departamento onde se inscribe a tese: Departamento de Historia contemporánea e de América
Data de lectura da tese: 18/07/2005
Calificación: Sobresaliente Cum Laude
Director: Lourenzo Fernández Prieto


Breve resumo:

"A tese ten como obxectivo principal o estudo do sindicalismo agrario en Galicia durante a ditadura franquista (1936 - 1975). Analiza aspectos como o proceso de construción do entramado sindical franquista, atendendo aos diferentes niveis territoriais (local, provincial e estatal), ás funcións e servizos das entidades sindicais, en especial das locais - Hermandades Sindicales de Labradors y Ganaderos - e das provinciais - Cámaras Oficiales Sindicales Agrarias (COSA) -, aos perfís socio - profesionais dos dirixentes sindicais, á natureza da afiliación.

Trátanse tamén, de forma pioneira, a Hermandad Nacional de Labradores y Ganaderos e as loitas polo poder entre os diferentes sectores do Réximen arredor do control político do mundo rural.

Do mesmo xeito, a investigación asume a comparación entre as estruturas do societarismo agrario galego do primeiro terzo do século XX e o asociacionismo agrario creado polo "Nuevo Estado" franquista, atendendo á relación deste co proceso de renovación productiva iniciado pola agricultura galega a finais do século XIX, ou ao proceso de politización do mundo rural galego e de construción da sociedade civil rural...

Outros aspectos de interese son o estudo da política agraria do Réxime en Galicia, con especial atención ás políticas de mellora gandeira e de "Colonización de interés local", e ao papel xogado en aquela polas entidades sindicais; o desenvolvemento dun sector agroindustrial, as loitas corporativas entre técnicos agronómicos, a conflitividade institucional, a xeneración por parte da Organización Sindical Agraria de actitudes de consentimento entre a poboación rural...

A investigación finaliza cunha comparación entre a estrutura sindical agraria franquista e os modelos corporativos establecidos por rexímenes políticos análogos (fascistas e fascistizados), como a Alemania nazi, a Italia fascista ou o "Estado Novo" portugués."