Histagra

E. Montero Rios e a cidade de Santiago de Compostela

Duración:

Autora: Margarita Barral
Director: Ramón Villares Paz
Ano: 2004
 
RESUMO
 
«Estudo da figura do xurisconsulto galego E. Monteiro Ríos e a relación que mantivo como "protector" da súa cidade natal, Santiago de Compostela, durante a segunda metade do século XIX e primeiros anos do XX.
O estudo inicia cunha presentación das políticas clientelares que se estaba a desenvolver en Europa durante o último cuarto do século XIX, caso do "opportunisme" francés, o "trasformismo" italiano e o "caciquismo" español (capítulo 1). A continuación preséntase a rexión de Galicia dentro dese ambiente de dominio de elites e notables a nivel local (capitulo 2) e a continuación xa se pasa a tratar a figura do xurisconsulto galego Montero Ríos dende os seus inicios como estudante de Dereito na Universidade de Santiago e de doutorado na Universidade Central de Madrid (capítulo 3) e a súa eclosión no mundo político do goberno central de Madrid durante o Sexenio (capítulo 4), converténdose no político do Dereito a partir da promulgación de leis moi significativas para a época tras o seu paso pola Carteira de Graza e Xustiza: lei de Rexistro Civil, lei de Matrimonio civil ou o Código Penal, entre outras iniciativas. Destacou tamén Monteiro neste tempo pola súa achega na defensa da liberdade de culto no texto da Constitución de 1869.
Os capítulos 5 e 6 céntranse na etapa da Restauración borbónica e estúdase a evolución do xurisconsulto ata chegar a converterse nun dos "primates" do caciquismo que axudou a desenvolver o sistema turnista da época, ademais de conseguir a xefatura dos liberais e a presidencia do Goberno en 1905.
A "plataforma política monterista desenvolvida na cidade" e o distrito de Santiago preséntase a partir do estudo da política municipal entre 1877 e 1905 (capitulo 7) e do goberno da Universidade (capítulo 8), estendendo a súa mesta rede clientelar...»