Histagra

La economía monástica gallega a finales del Antiguo Régimen

Duración:

Autora: Isolina Rionegro Fariña
Director: Ramón Villares Paz
Ano: 1996   

RESUMO

«O obxectivo da tese é comprobar o estado económico dos mosteiros ourensáns no momento en que se produce a desamortización de Mendizábal, intentando ver se as medidas desamortizadoras incidiron nunha institución sen posibilidades de recuperación económica ou se esas posibilidades foron cortadas precisamente pola aplicación desas medidas. Para iso a autora estuda 31 libros de contabilidade de 5 mosteiros cistercienses, dos cales 19 libros corresponden a priorados ou granxas e os 12 restantes se reparten entre 4 libros de adega, 4 de paneira, 3 de caixa e 1 de forno. As fontes áchanse no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, moi rico en contabilidades monásticas.
Abordados os problemas metodolóxicos, analiza tamén a natureza xurídica dos ingresos; composición e contía destes, así como do gasto, vendo as diferenzas que poden existir entre as administracións que estuda, tendo en conta a especialización agrícola e o influxo dos condicionantes xeográficos.
O estudo e a elaboración da documentación levo á doutoranda á conclusión de que a finais do
Antigo Réxime os mosteiros ourensáns non estaban nesa situación de crise irreversible. Efectivamente hai caída dos ingresos e aumento do gasto, pero nos últimos anos estudados obsérvase un pequeno incremento no recibo e unha lixeira diminución do gasto que poden interpretarse como claros signos de recuperación nos anos 1824-1834».