Histagra

El bandolerismo gallego en la primera mitad del siglo XX

Duración:

Autora: Beatriz López Morán
Director: Ramón Villares Paz
Ano: 1992
 
RESUMO
 
«A autora defende a hipótese do de bandoleirismo de subsistencia nunha sociedade como a galega cunha economía estancada, sen o tirón industrial, moi ruralizada e cunha economía á baixa, na que ademais desapareceron os mecanismos asistenciais da igrexa tras a desamortización. Esta hipótese formúlase como alternativa ás que xustifican a criminalidade colectiva apoiándose en carácteres étnicos culturais, ou a do modelo Hobsbawm ou "da rebeldía primitiva" dunha comunidade fronte ao despotismo. O bandoleirismo organízase en gavelas, que actúan brutalmente, e nada teñen que ver coas andaluzas ou estremeñas, dado que as galegas non son permanentes. Deste tipo de estrutura e funcionamento, a autora deduce a existencia dun rexeitamento popular contra o bandoleiro, que procede non só do valor que o pobo dá á terra senón tamén do feito de que os bandidos leven a cabo accións indiscriminadas: mais do 40% dos roubos cometéronos contra familias campesiñas de mediana e mesmo nula fortuna».