Histagra

Transformacións agrarias na comarca do Ribeiro nos seculos XIX e XX

Duración:

Autor: Luis Domínguez Castro
Director: Ramón Villares Paz
Ano: 1991 
 
 
RESUMO
 
«O Ribeiro, bisbarra situada na zona occidental da provincia de Ourense, é a bisbarra vitícola por excelencia de Galicia. Esta investigación intenta afondar nas estruturas da propiedade da terra, a través da formación e desintegración dos patrimonios do grupo social dominante nos tempos modernos: a fidalguía. Comprobar o grao de racionalidade económica das explotacións directas, por medio de xornaleiros, analizando o seu balance económico anual en período que abranguen 1810-1829, 1884-1899 e 1924-1946. Examinar as formas de cesión da terra, dende o foro ata os arrendamentos, pasando polos sistemas de parzaría.
Tamén nos vai a interesa a evolución das practicade de cultivo do viñedo e a súa posterior vinificación ao longo do século e medio que vai dende 1810 ata 1952. Os circuítos comerciais do viño na bisbarra, os mercados de destino, as tácticas de venda dos grandes propietarios serán obxecto da nosa atención.
Finalmente centraremos o noso interese na vida cotiá dese grupo fidalgo que, coa perda dos seus privilexios de berce debido ás leis tributarias e desvinculadotes do liberalismo hispano, se vai integrando no grupo dos propietarios, constituíndo unha verdadeira burguesía agraria con lixeiros presupostos capitalistas. Entramos na súa despensa, na súa biblioteca, nos seus baúis, no seu ocio e, a través dos seus dietarios, encontramos en que gastan os seus excedentes e cara a onde orientan os seus investimentos».