Histagra

A desamortizacion na provincia de Pontevedra, 1855-1900

Duración:

Autora: Aurora Artiaga Rego
Director: Ramón Villares Paz
Ano: 1989

 

RESUMO

«Examínase en primeiro lugar a riqueza nacionalizada pola desamortización de Madoz na provincia, distinguindo entre o que son rendas e terreos propiamente ditos, analizando igualmente a administración da riqueza nacionalizada (en especial da arrendada). Respecto ás vendas analízase o volume, a súa evolución cronolóxica, a identidade dos compradores, e as súas diferentes categorías. Un apartado especial dedícase ao proceso de desamortización dos montes públicos, pola súa especial presenza en Pontevedra, no que se resalta o mantemento como espazos comúns da maior parte deles. Os montes do Estado véndense, pero os dos pobos en moi escasa medida.

Finalmente valórase a desamortización no seu conxunto que, se ben é un elemento xunto a outros dos que coadxuvan ao avance da propiedade campesiña, a súa importancia na transformación da estrutura agraria é limitada».