Histagra

O agrarismo católico en Galicia, 1903-1943

Duración:

Autor: Alberto Martínez López
Director: Ramón Villares Paz
Ano: 1986
 
RESUMO
 
«A investigación esta organizada en tres partes diferenciadas: introdución, capítulos constitutivos do núcleo da tese, as conclusións. Na introdución, seguindo a Scholl, Cuenca Toribio, Castillo... Preséntase o desenvolvemento do sindicalismo católico en Europa, España entre 1903 e 1943. Dende o capitulo III ao VI parte nuclear da investigación estúdanse as características e desenvolvemento do sindicalismo católico agrario en Galicia. En primeiro lugar, a organización interna das asociacións sindicais, presentada como síntese da normativa dos distintos sindicatos e complementados co tratamento da publicística periódica católica como medio de propaganda. A continuación no capitulo IV estúdase a implantación xeográfico-social por provincias e a súa evolución e articulación a organizacións federadas e confederadas, complementado cunha mostra das categorías socio-profesionais dos sindicados con cargos directivos. No capitulo V o cooperativismo é punto de partida para o estudo das realizacións sindicais e cooperativas de compra seguros (...). No capitulo VI faise un achegamento ás expectativas e actitudes dos sindicatos católicos ante distintas circunstancias políticas. Nas conclusións o doutorado conserva o carácter contrarrevolucionario do sindicalismo católico agrario galego».