Histagra

Liñas de investigación

HISTAGRA: Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX configurouse como Grupo de Investigación do Sistema Universitario Galego (SUG), en 2006, como resultado da reintegración dos Grupos de Investigación preexistentes: "Política e mundo rural" (co Profesor Dr. Ramón Villares como  Investigador Principal) e "Historia Agraria Contemporánea: Tecnología, Sociedad e Historia", do que o Investigador Principal era o Profesor Lourenzo Fernández Prieto (actual IP de HISTAGRA). Ambos Grupos de Investigación estaban adscritos ao Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela (USC). De feito, derivaban dunha mesma estrutura de investigación no ámbito da Historia Agraria creada a comenzo da década de 1980 polo propio Profesor Ramón Villares, e que desenvolveu un intenso e pioneiro cometido de investigación nos terreos da Historia Agraria, Política e Social do mundo rural galego e español durante vintecinco anos, convertendo as súas publicacións sobre temas como a reforma agraria liberal, a evolución histórica do monte, o cambio tecnolóxico na agricultura ou o proceso de construción da sociedade civil rural, en traballos de referencia para a historiografía agraria española das últimas tres décadas, conseguindo á súa un notable impacto no exterior, en países como Portugal, Italia, Francia, Argentina ou Costa Rica.

En 2006 HISTAGRA obtivo da Xunta de Galicia o recoñecemento como Grupo de Referencia Competitiva (GRC), un dos poucos existentes dentro da gran área das Humanidades a nivel galego. Esta condición, restrinxida a día de hoxe a 25 Grupos de Investigación do SUG, foi renovada polo Grupo en 2010, 2013 e en 2017 para os próximos catro anos.

Na actualidade, HISTAGRA está composto por un total de 45 investigadores/as, dos que 22 son doutores/as, 20 investigadores/as en formación e 3 Personal de Apoio. O noso Grupo de Investigación conta con 6 bolsas predoutorais (do programa estatal FPI e FPU), tres contratos de investigación e 3 contratados posdoutorais (programas Ramón y Cajal e Juan de la Cierva).

As investigacións desenvolvidas por HISTAGRA organizanse en catro liñas de investigación principais, cos seus correspondentes subcampos temáticos:

En 2011 constituíuse formalmente, por iniciativa de HISTAGRA e co o recoñecemento administrativo e a financiación da Xunta de Galicia, unha Rede de Investigación transdisciplinar (ReVolta) composta, ademais de polo noso Grupo, por Grupos de Investigación das Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo, pertencentes a disciplinas como a Economía Ecolóxica (GIEEA - UdV); a Enxeñería Agronómica (LaboraTe, COSMERUM, XROFEA - USC), a economía aplicada (ECOAGRASOC-USC) e a Historia Económica (GESPIC - USC). Esta rede ten sido renovada para o período 2014-2015 e o 2017- 2019.