Quen somos

HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX) é un Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), composto por 25 membros e dirixido polo Profesor do Departamento de Historia Contemporánea e de América, Lourenzo Fernández Prieto. Desde 2006 HISTAGRA é Grupo de Referencia Competitiva (GRC) recoñecido pola Xunta de Galicia, condición que ten renovado sucesivamente en 2010, 2013 e 2017. HISTAGRA coordina a Rede ReVolta de Agroecoloxía e Historia.