Quen somos

HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX) é un grupo de investigación cualificado polo Sistema Universitario de Galicia de Referencia Competitiva desde o ano 2006, condición que renovou en 2010, 2013, 2017 e 2021. Na actualidade, está composto por un total de 31 investigadores/as, dos que 18 son doutores/as, 13 investigadores/as en formación e 1 Persoal de Apoio xunto a 20 colaboradores externos ex doutorandos do Grupo. O Grupo conta con 5 bolsas predoutorais (dos programas estatais FPI e FPU e da Xunta de Galicia) e 3 contratados posdoutorais (programa da Xunta de Galicia). HISTAGRA coordina a Rede ReVolta de Agroecoloxía e Historia desde 2010.