Histagra

Título

Revista de Historia Contemporánea Ayer. Dossier Soldados para el frente

Autores/as

Revista de Historia Contemporánea Ayer. Dossier Soldados para el frente

ARTIAGA REGO, A.; FERNÁNDEZ PRIETO, L.(coord.)(2018): Revista de Historia Contemporánea Ayer. Dossier Soldados para el frente, 111

 

Un golpe de Estado non precisa soldados nin voluntarios, tan so a correcta execución dun acto de forza. Pero no tempo das masas é necesario convertilo en masivo, nun plebiscito armado, no que os voluntarios desempeñan un papel esencial de xustificación e corroboración en canto o golpe se converte en guerra.

O obxectivo do monográfico é dar a coñecer algunhas investigacións recentes sobre a actuación dos soldados na guerra civil, un asunto do que hai máis tópicos, propaganda e ideas recibidas que historiografía. Enfoques relativamente actuais para unha nova fundamentación historiográfica, unha reconsideración metodolóxica e unha aproximación inicial case positiva para deconstruír estereotipos dominantes. Investigacións baseadas nun acervo de fontes tan abundante como aínda pouco explotado permítennos fuxir da visión que os comisarios políticos e os alféreces provisionais legaron á historiografía para achegarnos aos actores da guerra más alá da análise do discurso. Trátase de superar os marcos da propaganda bélica e política como referente historiográfico dominante e de substituílos pola indagación con fontes primarias